• Instagram
  • Youtube
A Coruña , gústame...

Bienvenido a la web oficial de turismo de A Coruña

A Coruña recibe a axentes de viaxe de toda España nun fam trip organizado por AGAVI


Bookmark and Share

A Coruña recibe a axentes de viaxe de toda España nun fam trip organizado por AGAVI

A Coruña, 16 de xullo de 2021. O concelleiro de Turismo do Concello da Coruña e presidente do Consorcio de Turismo, Juan Ignacio Borrego, deu a benvida a noite deste venres no Hotel Finisterre aos axentes de viaxe convidados por AGAVI a coñecer A Coruña que participaban no networking especial para crear sinerxias e que coñezan a cidade herculina.  

A Asociación Galega de Axencias de Viaxe, AGAVI, organizou entre este xoves 15 e o domingo 18 unha viaxe de familiarización destinado a profesionais do turismo que trouxo á nosa cidade a unha quincena de axentes de viaxe de toda España. Esta viaxe fíxose en virtude do convenio de colaboración da entidade co Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña.  

En palabras de Juan Ignacio Borrego, este fam trip supón "o inicio dunha nova época na que onde se antes esta era unha cidade na que ninguén era forasteiro, agora vai ser unha cidade sempre aberta na que soñar en Atlántico". Ademais, explicou que este convenio con AGAVI permitirá "crear paquetes turísticos para que A Coruña sexa unha cidade boutique xa que ten só 38km cadrados pero que xeneran moitas oportunidades".  

Durante estes catro días, sucédense as visitas guiadas ao patrimonio e historia da nosa cidade, ademais de que este venres produciuse no Hotel Finisterre unha cea networking á que acudiron non só os axentes profesionais da visita, senón tamén membros de AGAVI e representantes das axencias de viaxe da Coruña.

Lo mejor de A Coruña